Estas son as seguintes actividades programadas polo C.D. CORREDOIRAS

Calendario previsto XACOBEO 2010

Marzo (7) - Triacastela - Sarria
Abril (18) - O Cebreiro - Triacastela
Maio (30) - Sarria - Portomarín
Xuño Portomarín - Palas de Rei
Setembro - Palas de Rei - Arzua
Outubro - Arzua - O Pedrouzo
Novembro - O Pedrouzo - Santiago de Compostela

 

Tedes as fotos da última excursión en: http://picasaweb.google.es/Corredoiras.Rialta/XACOBEO2010#

Tamén alégramonos de anuncar-vos a apertura da nosa páxina en Facebook, buscádea como Corredoiras e agregádevos a ela, será mais facil estar en contacto e ir vendo fotos e comentarios dos participantes nas excursións.

Tal como se falou no autobús, a próxima etapa, a terceira, que será entre Sarria e Portomarín (22 kms) será o día 30 de maio. O bus está prácticamente cheo, pero, como xa dixemos, os socios teñén preferencia de reserva os primeiros días polo que, se ainda non sodes socios, chamade ao Presi, Jesús ao teléfono de sempre: 660.053.332.

Son tan só 15 euros ao ano, que participando nas excusións practicamente quedan en nada cos descontos que teredes.

Os interesados nesta excursión por favor, chamade e solicitar praza, ainda que sexa na lista de espera. Os criterios para adxudicar son:

1º/ Socios que xa fixeron a etapas anteriores.
2º/ Non socios que xa fixeron as duas etapas anteriores.
3º/ Non socios

Por medio de Facebook poderedes enviar preguntas que serán contestadas canto antes.

 

Saúdos,

C.D. CORREDOIRAS